Universidade de Vigo
Nome do centro
Cabeceira

A facultade de Ciencias do Mar atópase no Edificio de Ciencias Experimentais do Campus Universitario de Vigo.

A licenciatura en Ciencias do mar comenzouse a impartir na Universidade de Vigo en 1991. En devandita época, o actual edificio de Ciencias Experimentais aínda non se construira, polo que a titulación impartíase no que hoxe é o Edificio de Humanidades do Campus Universitario de Vigo.
A primeira promoción de licenciados/as en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo data do 1996.
Ata o ano 2002 as actuais facultades de Ciencias do mar, Bioloxía e Química atopábanse fusionadas na antiga "Facultade de Ciencias". En dito ano estas facultades adquiriron autonomía como centros individuais.
No curso 2012/2013 graduaronse os licenciados en Ciencias do Mar da 18ª Promoción, extinguiéndose o último plan de estudos de licenciatura e dando paso ao novo Grao en Ciencias do Mar, que tamén no presente curso titulará aos primeiros graduados.