Universidade de Vigo
Nome do centro
Cabeceira

Coñecer os océanos en profundidade, comprender o seu funcionamento, usar os seus recursos de modo sostible e explorar e desenvolver novos nichos de actividade económica require dunha aproximación holística e integradora aportada polas distintas disciplinas que conforman as Ciencias do Mar.
O papel que xogan os océanos na regulación do clima é indiscutible. Ademáis, os nosos océanos son unha fonte de crecimiento sostible. Poden dar o estímulo que necesitamos para que a economía avance, os denominados "empregos azuis", xacementos de traballo e riqueza submariños. Poden proporcionar a enerxía limpa necesaria para evitar unha catástrofe climática. Poden surtirnos de proteínas saudables. Poden aportar fármacos e enzimas de organismos que habitan os maiores extremos de temperatura, luz e presión soportados pola vida. Poden ser unha fonte de minerais, metales e terras raras.
O mar é máis que o lugar onde nadan os cada vez menos abundantes peixes. Animámoste a coñecerlo e a usalo racionalmente, e deste xeito, contribuir a mellorar a calidade de vida deste planeta, que nun 71% é azul.
As nosas titulacións de grao e posgrao reflicten a experiencia investigadora e o entusiasmo dun cadro pluridisciplinar de reputados científicos mariños. Nestas faise partícipes aos alumnos dun amplo abanico de investigacións a través de innovadores programas docentes, que implican a empresas e a outras institucións. Bo exemplo de ello é a participación da facultade no Campus do Mar, campus de excelencia internacional.
Benvidos á Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.
Prof. Belén Rubio Armesto.